O Argueiro dos Ancares

O Argueiro dos Ancares O Argueiro dos Ancares é un portal creado para visibilizar a parte máis descoñecida desta comarca.

05/06/2026

SoaSuarna é un festival de balde con programación expandida que busca potenciar a cultura local e as iniciativas emerxentes de Galicia.

por se aínda non vistes esta excursión tan chulísima de AC Deiqui 🫶🏼
20/05/2026

por se aínda non vistes esta excursión tan chulísima de AC Deiqui 🫶🏼

📣 EXCURSIÓN A Xove 🌊

Dende a Asociación AC Deiquí organizamos unha excursión o vindeiro 📅 2 de xuño dentro do programa “Coñece a túa provincia”, financiado pola Deputación de Lugo.

✅ Actividade gratuíta
✅ Imprescincible facerse ou ser socix da Asociación Deiquí
📝 Último día para inscribirse: 23 de maio

Non perdas esta oportunidade de pasar un gran día descubrindo a nosa provincia! 💙

O meu Argueiro máis emotivo. Así despedimos ao abuelito, rodeados do calor e o amor da familia e da tantísima xente que ...
11/05/2026

O meu Argueiro máis emotivo. Así despedimos ao abuelito, rodeados do calor e o amor da familia e da tantísima xente que quixo darlle un último adeus 💔

si Paquín vos pudese decir algo non vos diría ola, diría op. berraría por Eladina, miraría algo pre vós e diría "bueno, vou marchar"

poñería a súa boina, collería o foucín e iría pola Carrieira hacia á Burruga a ver si se atopaba cos de Vallo. esa era a súa rutina, a súa ansia era ese paseín de cada día hasta que veu o covid

gustáballe que houbese xente na casa pero dáballe algo igual, el tiña que ir ao seu porque si algo nos enseñou o noso Paquín é a mirar polo noso e a andar sempre o noso camín

entonte o abuelo saliu de Salgueiras por última vez, da súa casa, desa na que tanto traballaron e nesa na que a abuela e el crearon esta familia que lle deu todo o amor e cuidados hasta o seu último aliento.

estes dous anos nos que o abuelo non pudo andar non foron fáciles pero entre unhos e outros puxemos todo o noso cariño pre darlle todos os mimos que merecía: unhas veces en forma de caricias na cabeza porque muito lle gustaba que lle rascasen a cabeza e outras, en forma de cantelos e miguiñas de pan

pode parecer que non polos 93 anos que tiña pero o abuelo deixa un vacío mui grande no noso corazón, na nosa vida, no sofá, na esquina da cociña, en Salgueiras.

Paquín marchou sin facer ruido, como si fose dar un deses paseos a Burruga pero desta vez non volve polo pico da horta

pero dalgunha forma queda con nós, queda na carrieira, na burruga, na fontaíña, no banco do campo, nos ronqueiros, no souto, no vale, na aira, en cada rincón de Salgueiras

o abuelo foi mui pillabán e quixo baixar a feira de maio. querería algún cebolo ou pimentos que ademais tamos no menguante...

Paquín volou no mes máis bonito, no das flores, no dos días largos e dos colores. así vai, rodeado da alegría das flores que lle recordarán as dos campos que tantas veces mirou e tanto nos enseñou a amar e admirar

marchou merendando peras, probando as primeiras cereixas e cenando as papas de maís da abuela, a súa comida favorita

despídome como sempre facía el, cantando:
nena que véndelas peras cuantas che mandaron dar pre ti meu queridín non mas mandaron contar.

descansa en paz, chachín

abuelo, querémoste e nunca te esqueceremos

non deixes de agarrarnos as maus 🤲🏻

Ás veces salgo dos Ancares en busca de historias. A que escribín hoi en O Ferrado fala das ameixas de Carril, da vida da...
07/05/2026

Ás veces salgo dos Ancares en busca de historias. A que escribín hoi en O Ferrado fala das ameixas de Carril, da vida da xente do mar e da terrible situación que tan vivindo por culpa das chuvias do inverno.

Agradecería muito que compartáis este artigo pre que se meta nos ollos de muita xente e todos podamos saber a realidá que tan vivindo en Carril e na Ría de Arousa.

🌊🌊🌊🌊

A historia das ameixas de Carril: tradición mariñeira, temporais, encoros e unha crise silenciosa que ameaza o marisqueo na ría de Arousa.

Dirección

Navia De Suarna
27650

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando O Argueiro dos Ancares publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Empresa

Enviar un mensaje a O Argueiro dos Ancares:

Compartir