Aturuxo Bar (Bueu)

Aturuxo Bar (Bueu) Bar de Bueu (Galiza) con frecuentes actuacións en directo

Contacto: [email protected] Aturuxo s. sen xénero 1.
(530)

Local de lecer no centro de Bueu de 26 anos de antigüidade e cunha intensa programación cultural ao longo do ano // s.m. 2. Berro de alegría que lanzan moz@s nas festas acompañando as cancións. O Aturuxo atópase no centro de Bueu, a carón da zona coñecida como As Lagoas. Desde hai varios anos este local leva enchendo de música as noites da vila, achegando ao Morrazo grupos de sona estatal e int

ernacional e tamén acollendo as propostas musicais da mocidade da bisbarra. O Atu, como se lle coñece popularmente na vila, é máis que unha sala de música e o seu escenario está aberto a todo tipo de expresións artísticas. Podes atopar aberto o Aturuxo a partir das 15.30 horas. É un lugar no que desfrutar tanto dun café á primeira hora da tarde como dun gin-tonic nos momentos máis tardíos do día. Nas tardes e noites de verán, a terraza convírtese nun bo lugar para pasar as horas baixo o sol ou baixo un ceo cuberto de estrelas. Polo fío musical soa rock, pop, jazz, folc…

O Atu conta con diversos espazos: sofás a carón da estufa na parte de abaixo, futbolín no piso de arriba, unha pequena biblioteca… Grazas aos anos que este local ten de traxectoria, nel danse cita diversas xeracións que gostan do seu ambiente, sendo un punto de encontro para aquelas persoas que gostan da boa música e dos lugares libres de convencionalismos.

Pedro PastorFotos de Xandre e Antón, 9 e 11 anos. Futuro
27/07/2026

Pedro Pastor
Fotos de Xandre e Antón, 9 e 11 anos. Futuro

🔥PEDRO PASTOR NO ATURUXO🔥DOMINGO 26 DE XULLO, 20:30 HS.Entradas á venda na barra e mais en enterticket.es (no código QR)
21/07/2026

🔥PEDRO PASTOR NO ATURUXO🔥

DOMINGO 26 DE XULLO, 20:30 HS.

Entradas á venda na barra e mais en enterticket.es (no código QR)

O martes 23 de xuño!!! 🔥🔥🔥Como tosos os anos pequena cacharela para os clientes do Aturuxo, de 22.00 a 00.30 hs. 🔥🔥🔥 Hox...
22/06/2026

O martes 23 de xuño!!! 🔥🔥🔥

Como tosos os anos pequena cacharela para os clientes do Aturuxo, de 22.00 a 00.30 hs. 🔥🔥🔥

Hoxe luns 22 pechado por descanso do persoal.

¡¡¡Esperámolos mañá desde as 18.30!!!

08/06/2026

Carlos Amado presenta Monte aberto no Aturuxo o mércores 10 de xuño ás 19:30 h.

En conversa coa poeta Miriam Ferradáns e co editor Antón Lopo convidados por Fernando Miranda.

CARLOS AMADO PRESENTA MONTE ABERTOMércores 10 de xuño ás 19:30 h en conversa coa poeta Míriam Ferrádans e co editor Antó...
05/06/2026

CARLOS AMADO PRESENTA MONTE ABERTO

Mércores 10 de xuño ás 19:30 h en conversa coa poeta Míriam Ferrádans e co editor Antón Lopo convidados por Fernando Miranda.

Carlos Amado (Vilariño, O Hío, 1968) deuse a coñecer como poeta nos anos noventa, cando publica títulos como O redello que tece a terra, que o colocaron entre as voces máis singulares do momento. Nesa época, publica tamén reseñas culturais e ensaios de historiografía músical na Revista das Letras. Fundou a plataforma Musicadora, centrada na cultura dixital e na música de síntese. Coordenou e redactou o volume Selectronic.gal (2011), que sistematizou o corpus da produción musical electrónica en Galicia. Entre 2018 e 2025 comprometeuse na programación de eventos no emblemático espazo do Aturuxo, en Bueu. Actualmente, exerce de taberneiro no Rapeta, no seu O Hío natal.

awakateoficial📷Xabicas
11/04/2026

awakateoficial
📷Xabicas

Dirección

Pazos Fontenla, 59
Bueu
36930

Horario de Apertura

Lunes 12:00 - 14:30
16:00 - 00:00
Miércoles 12:00 - 14:30
16:00 - 00:00
Jueves 12:00 - 14:30
Viernes 12:00 - 02:30
Sábado 12:00 - 02:30
Domingo 12:00 - 00:00

Teléfono

+34986322569

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Aturuxo Bar (Bueu) publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Empresa

Enviar un mensaje a Aturuxo Bar (Bueu):

Compartir