09/06/2026
Hoxe mostramos a Javi preparando un dos produtos máis característicos da nosa costa: o longueirón de Fisterra. Semellante á navalla, pero cunha forma máis recta e unha personalidade propia que o converte nun auténtico tesouro do noso mar.
Preparámolo á prancha, cun sinxelo toque final de aceite para realzar todo o seu sabor. Porque cando o produto é de primeira calidade, non necesita moito máis 💙
Un prato que destaca pola súa frescura, textura e ese sabor tan especial que nos conecta coa Costa da Morte 🌊
Agardámoste en Carnota para probalo 🍽️