22/07/2026
Un ano xuntos no Recuncho de Novo! Estamos a piques de cumprir un ano desde que emprendemos esta aventura ao fronte do Recuncho de Novo. Un ano cheo de ilusión, aprendizaxe, esforzo e moito traballo, pero sobre todo, un ano marcado polo cariño e apoio que recibimos de todos vós. Cando comezamos esta etapa fixémolo coa humildade de quen sabe que aínda ten moito que aprender, pero tamén coa ilusión inmensa de ofrecer o mellor de nós cada día. Ao longo destes meses vivimos momentos inesquecibles, superamos desafíos e fomos medrando pouco a pouco grazas á confianza que depositastes en nós. Queremos darvos as GRAZAS de corazón. Grazas por cada visita, por cada palabra de ánimo, por cada recomendación e por formar parte desta pequena gran familia que é o Recuncho de Novo. O voso apoio é o que nos impulsa a seguir mellorando e a afrontar cada día coa mesma ilusión do primeiro. Este aniversario non é só noso, é de todos. Porque sen vós nada disto sería posible. Sentímonos moi afortunados de contar cunha clientela tan cercana, tan fiel e tan especial. Seguiremos traballando con dedicación, humildade e entusiasmo para que o Recuncho de Novo siga sendo un lugar onde vos sintades como na casa. Grazas por acompañarnos neste primeiro ano. Imos a polo segundo con máis ganas ca nunca!Con todo o noso cariño,O equipo do Recuncho de Novo ❤️🍾🥂