Restaurante Galego Enxebre

Restaurante Galego Enxebre RESTAURANTE GALEGO ENXEBRE DE LOURO MUROS A CORUÑA. Restaurante Galego Enxebre ofrece cocina gallega tradicional con producto fresco y km 0.

Mariscos, pescados y carnes a la brasa en raciones grandes y abundantes, elaboradas con recetas de siempre y servidas en un ambiente familiar y acogedor.

09/07/2026

Cuando aprieta el calor, nada sienta mejor que una mariscada gallega y una copa de albariño bien fría. Ven a disfrutar del sabor del Atlántico en pleno corazón de la ciudad.

☀️🍷 Hai sabores que saben a verán… e este é un deles.Descobre o novo Tinto de Verán de "Ladrón de Manzanas": unha mestur...
29/06/2026

☀️🍷 Hai sabores que saben a verán… e este é un deles.
Descobre o novo Tinto de Verán de "Ladrón de Manzanas": unha mestura refrescante, lixeira e con ese toque diferente que converte calquera momento en plan.
Frío, con amigos, unha terraza e ganas de desfrutar. Porque ás veces o verán non se espera… sérvese. 🧡✨

☀️ Chega o noso horario de vrán! ☀️Do 25 de xuño ao 1 de setembro estaremos abertos todos os días para acompañarvos este...
25/06/2026

☀️ Chega o noso horario de vrán! ☀️

Do 25 de xuño ao 1 de setembro estaremos abertos todos os días para acompañarvos este verán 🍽️🌿

🕚 Horario de xantar:
11.00h– 16.00h

🌙 Horario de ceas:
20.30h – 23.00h

Esperámosvos para desfrutar xuntos! ☀️🍷

Moitas grazas! Sen vostedes o Restaurante Galego Enxebre non sería posíbel!✨🫶🏽

PLATO DE OURO 2026🏅🏆✨Para a nosa familia este recoñecemento significa moito máis que un premio. Detrás del hai anos de t...
24/06/2026

PLATO DE OURO 2026🏅🏆✨

Para a nosa familia este recoñecemento significa moito máis que un premio. Detrás del hai anos de traballo, sacrificio, dedicación e, sobre todo, amor pola nosa cociña e por cada persoa que se senta á nosa mesa.

Queremos agradecer profundamente á organización por valorar o noso traballo e recoñecer unha forma de entender a gastronomía baseada no respecto pola tradición, o esforzo diario e o compromiso coa calidade.

Este premio pertence a toda a nosa familia e a quen, desde dentro e fóra do restaurante, apóiannos para seguir crecendo.

E, por suposto, grazas aos nosos clientes, que durante todos estes anos confiaron en nós e permitíronnos seguir facendo o que máis nos apaixona.

Recibimos este premio con orgullo, pero tamén con humildade e coa responsabilidade de seguir mantendo viva a nosa cociña tradicional, as nosas raíces e o noso xeito de recibir a cada persoa coma se estivese na casa.

Con todo isto, queremos facer unha mención especial ao mellor deste premio,algo inesperado e precioso: coñecer persoas extraordinarias que xa sentimos como unha segunda familia. Grazas polo cariño, a acollida e por facer estes días tan especiais e inesquecibles.

Grazas por esta honra e grazas por acompañarnos neste camiño.

GRAZAS✨👏🏽

✨ Un recoñecemento que nos honra profundamente ✨Temos o pracer de comunicar que o noso restaurante foi distinguido co Pr...
01/06/2026

✨ Un recoñecemento que nos honra profundamente ✨

Temos o pracer de comunicar que o noso restaurante foi distinguido co Prato de Oro de Radio Turismo Madrid 🏆

Este prestixioso galardón supón un importante recoñecemento á nosa dedicación, ao traballo constante de todo o noso equipo e ao compromiso diario cunha gastronomía baseada na calidade, a excelencia e o respecto pola nosa esencia.

Queremos expresar o noso máis sincero agradecemento a todas as persoas que forman parte deste camiño: clientes, colaboradores e amigos que, coa súa confianza e apoio, fan posible que sigamos crecendo cada día.

O próximo mes de xuño teremos a honra de desprazarnos a Madrid para asistir ao acto de entrega deste recoñecemento tan especial.
Polo cal, os días 22,23 e 24 de xuño permaneceremos pechamos por este gran acontecemento. Por vós, e por nós, moitísimas grazas. Sen vostedes o Restaurante Galego Enxebre non sería posíbel!🫶🏽🍾

Grazas por acompañarnos sempre.

Premio Grazas

Hoxe compartimos un día moi especial celebrando a Primeira Comuñón de Artai. Grazas á súa familia por elixirnos para aco...
17/05/2026

Hoxe compartimos un día moi especial celebrando a Primeira Comuñón de Artai. Grazas á súa familia por elixirnos para acompañar un momento tan bonito e cheo de emoción. Alégranos formar parte deste recordo tan importante para el e para todos os que o queren. Felicidades, Artai! ✨🙏🤍🕊️✝️💙

📌A NOSA TRADICIÓN🥖✨No noso restaurante cremos que o bo pan marca a diferenza. Por iso traballamos con obradoiros de aquí...
15/05/2026

📌A NOSA TRADICIÓN🥖✨
No noso restaurante cremos que o bo pan marca a diferenza. Por iso traballamos con obradoiros de aquí, apostando pola calidade e o sabor de sempre.

Cada día contamos co pan de Forno Uhía, cos seus tradicionais bolos de quilo, elaborados como manda a tradición galega: cortiza crocante, faragulla esponxosa e ese sabor que acompaña calquera mesa.

Tamén confiamos en Panadería Rodolfo, de onde chegan o noso pan de millo "Broa", chapatas e bolos, perfectos para completar cada servizo con variedade e carácter.

Produto local, mans expertas e o sabor auténtico de Galicia en cada rebanada. Porque un bo pan non acompaña a comida: tamén forma parte dela.❤️

⚠️Comunicamos á nosa clientela que os próximos domingos 17 e 24 de maio o establecemento PERMANECERÁ PECHADO.• 17 de mai...
14/05/2026

⚠️Comunicamos á nosa clientela que os próximos domingos 17 e 24 de maio o establecemento PERMANECERÁ PECHADO.

• 17 de maio, por celebración dunha comuñón nas nosas instalacións.
• 24 de maio, por motivo de celebración familiar.

Agradecemos a vosa comprensión e desculpamos as molestias que isto poida ocasionar.🙏

Moitas grazas pola vosa confianza❤️🤝

Gustouche o noso servizo?📲 Escanea o QR e comparte a túa experiencia en Google.Se non ten para escanear, na seguinte lig...
07/05/2026

Gustouche o noso servizo?
📲 Escanea o QR e comparte a túa experiencia en Google.
Se non ten para escanear, na seguinte ligazón pode acceder ao noso perfil para valorarnos.
AD: Restaurante Galego Enxebre
https://g.page/r/CSClL6fhI_1AEBM/review

A súa valoración axúdanos a mellorar cada día e a que máis persoas nos coñezan.

MOITAS GRAZAS ! 🫶🏽✨

PEIXES A BRASA🐟🔥No noso restaurante, a arte da brasa únese á excelencia do mellor peixe fresco. Cada día seleccionamos c...
22/04/2026

PEIXES A BRASA🐟🔥
No noso restaurante, a arte da brasa únese á excelencia do mellor peixe fresco. Cada día seleccionamos coidadosamente pezas de máxima calidade, tratadas co respecto que merecen para preservar toda a súa pureza e sabor.

A brasa, traballada con precisión, realza as texturas e achega sutís matices afumados que elevan cada elaboración a unha experiencia gastronómica única. Robaliza, rodaballo ou lenguado preséntanse no seu punto perfecto e cheos de carácter.💥

Unha proposta onde a sinxeleza se converte en sofisticación, e onde o produto é, sen dúbida, o verdadeiro protagonista.✨

☎️RESERVAS: 699 454 907
⚠️ Consultar previamente as existencias.

Dirección

Calle Rueiro O Espadanal, BAJO 1
Muros
15291

Horario de Apertura

Lunes 11:00 - 16:00
Miércoles 11:00 - 16:00
Jueves 11:00 - 16:00
Viernes 11:00 - 16:00
20:30 - 23:00
Sábado 11:00 - 16:00
20:30 - 23:00
Domingo 11:00 - 16:00

Teléfono

+34699454907

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Restaurante Galego Enxebre publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Empresa

Enviar un mensaje a Restaurante Galego Enxebre:

Compartir